
✊🚩Mañá ás 19:30h falamos da historia do sindicalismo nacionalista con Paulo Carril, secretario xeral da @galizaCIG, Uxío Breogán, historiador, e Suso Seixo, autor deste volume publicado pola Fundación Moncho Reboiras.

A ASOCIACIÓN CULTURAL ALEXANDRE BÓVEDA é un colectivo d persoas comprometidas coa lingua e a cultura do país que traballa desde o asociacionismo cultural d base

✊🚩Mañá ás 19:30h falamos da historia do sindicalismo nacionalista con Paulo Carril, secretario xeral da @galizaCIG, Uxío Breogán, historiador, e Suso Seixo, autor deste volume publicado pola Fundación Moncho Reboiras.

✊🚩Mañá ás 19:30h falamos da historia do sindicalismo nacionalista, con Paulo Carril, secretario xeral da @galizaCIG, o historiador Uxío Breogán e Suso Seixo, autor deste volume.
A Coruña: presentación de O sindicalismo obreiro nacionalista galego, de Suso Seixo Fernández: axendacultural.aelg.gal/2026… @ACBoveda

⛪️Esta tarde ás 19:30 h descubrimos as claves da restauración e da nova museografía do Mosteiro de Caaveiro da man da @Depucoruna. 📷 Con Xosé Lois Penas Corral, Daniel Beiras García-Sabell e Alfredo Sellier🗣️ acalexandreboveda.gal/event/…

Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e Académica numeraria da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario da Coruña. Para saber máis: acorunhadasmulleres.gal/mari…

En 1920 iniciará a súa carreira como pintora profesional, un feito inusual para as mulleres do seu tempo. En 1925 fai a primeira exposición individual. A súa obra sería colgada en museos e coleccións de dentro e fóra de Galiza.

O 17 de novembro de 1970 morre na Coruña María Corredoyra. En 1916 establece o seu estudo na rúa de Santo André e expón as súas obras nos escaparates dos comercios. Na Segunda Exposición de Arte Galega, orientada a difundir a galeguidade polo mundo, presentará cinco obras.

🖼️Hoxe ás 18:00 horas, achegámonos a NORMAL (Espazo da UDC) para percorrer, coa guía de Viki Rivadulla,a súa exposición Onde habitan as mouras. Cartografías de nós. A mostra propón unha ollada ecofeminista sobre o vínculo entre o ser humano e o territorio. acalexandreboveda.gal/event/…

Na década dos trinta desfáise o grupo. Castor, Benigno e Áurea crean un novo grupo, Os Menores, e emigran a Arxentina. A última nova sobre Áurea é dunha actuación en Venezuela en 1945.

Os Maravillas tivo un enorme éxito en toda a xeografía galega durante os anos vinte. En 1929 as xiras do grupo traspasan as fronteiras de Galiza, realizan actuacións en Madrid, que coroan a Áurea como "La reina de la gaita Gallega", e en Arxentina no mes de novembro.

O grupo comezou con dúas gaitas, requinto, tambor e bombo, e Áurea, ademais de gaiteira era tamén a mánager. De 1920 data un anuncio que o grupo publicaría para anunciar os seus servizos no xornal La Región.

O 16 de novembro de 1897 nace en Muntián (Cartelle), María Áurea Rodríguez Rodríguez, a primeira gaiteira da que se ten noticia. Comezou a tocar arredor de 1907, con dez anos. Ao falecer seus pais formou cos seus irmáns Castor, Felisindo, Manuel e Eliseo, o grupo Os Maravillas.

A Coruña: Levar a poesía á rúa. As Edicións do Dragón na traxectoria de Paco Souto, por Carla Varela: axendacultural.aelg.gal/2026… @ACBoveda

📽️O venres 20 de novembro, ás 19.30 h, continuamos, dentro do Cineclub Bóveda, co ciclo dedicado á presenza de Bertolt Brecht no cinema coa proxección de O camiño soñado. acalexandreboveda.gal/event/…

✊🚩O xoves 19 de novembro, ás 19.30 h, presentamos no noso local o libro O sindicalismo obreiro nacionalista galego, coa intervención de Uxío Breogán, Paulo Carril e Suso Seixo, secretario xeral acutal e anterior da @galizaCIG e autor do libro. acalexandreboveda.gal/event/…

⛪️A cuarta 18 de novembro ás 19:30 h descubrimos as claves da restauración e da nova museografía do Mosteiro de Caaveiro da man da @Depucoruna. ✨ 🗣️ Con Xosé Lois Penas Corral, Daniel Beiras García-Sabell e Alfredo Sellier. acalexandreboveda.gal/event/…

🖼️🎨A terza 17 de novembro, ás 18:00 horas, achegámonos a NORMAL (Espazo de Intervención Cultural da UDC) para percorrer, coa guía de Viki Rivadulla, a súa exposición Onde habitan as mouras. Cartografías de nós. acalexandreboveda.gal/event/…