
ℹ️Sabes que somos? APRAFOGA é a Asociación Profesional dos Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia (Axentes Ambientais) fundada o 25 de febreiro de 1994 ao amparo do artigo 22 da Constitución Española. Bótalle un ollo 👀👇

Conta oficial da Asociación Pofesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia. 🛡️Policía Ambiental 🌲Protección do Medio Natural

ℹ️Sabes que somos? APRAFOGA é a Asociación Profesional dos Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia (Axentes Ambientais) fundada o 25 de febreiro de 1994 ao amparo do artigo 22 da Constitución Española. Bótalle un ollo 👀👇

lavozdegalicia.es/noticia/vi… #AxentesAmbientais @incendios085 #UIFO #PolicíaAmbiental de #Galicia

🚙🌿 @s #Axentesambientais reforzamos a nosa formación en condución 4x4 no CILL de Toén. Pero a formación debe ir acompañada dos medios axeitados: vehículos todoterreo fiables (reductora e bloqueos dos diferenciais), seguros e adaptados ao noso labor no medio natural.

A defensa da biodiversidade dos nosos ríos lévase a cabo a pé de auga. #axentesambientais impulsan un seguimento científico e non extractivo para coñecer o estado de saúde das poboacións, controlar #especiesinvasoras e garantir a conservación dos #hábitats acuáticos en #Galicia.

Este luns, tres axentes de coordinación da UIFO viaxaron a Toledo para impartir un curso avanzado sobre incendios intencionados a 20 axentes medioambientais de Castela-A Mancha. Con esta xornada reforzamos a colaboración entre as dúas institucións na loita contra o lume.

🔥 As queimas prescritas, dirixidas pol@s #AxentesAmbientais e executadas xunto @s #BombeirosForestais do SPIF, reducen o combustible forestal. Con planificación e responsabilidade, o lume é un aliado na prevención dos grandes incendios. 🌿

🔥 Antes de queimar, infórmate! As queimas de restos agrícolas e forestais requiren cumprir a normativa e solicitar a autorización correspondente. Ante calquera dúbida, consulta c@s Axentes Ambientais do teu distrito. A prevención é cousa de todos!


🍄🌿 Goza da riqueza micolóxica de Galicia con responsabilidade. Respecta a natureza, cumpre a normativa e evita danos no monte. Os Axentes Ambientais velamos pola conservación dos nosos recursos naturais. 💚 #RecollidaResponsable #Galicia

🌲 Xestión forestal sostible: vixilancia, control e legalidade. Os axentes ambientais de Galicia traballamos para protexer os nosos montes e garantir un aproveitamento responsable dos recursos forestais. 💚🌿 #AxentesAmbientais #MontesDeGalicia #XestiónForestal #MedioAmbiente

Hoxe, 22 de outubro, celebramos o Día da Custodia do Territorio. 🌿🤝 A conservación da biodiversidade require do compromiso conxunto de propietarios, entidades e administracións. Como #axentesambientais , traballamos no terreo para protexer o noso patrimonio natural.

Despois de ser recuperada e examinada, esta tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus) xa voa de novo en liberdade. Protexer as nosas zonas húmidas e a súa biodiversidade é responsabilidade de todos. Axentes Ambientais: velando polo noso medio ambiente. 💚🦅

🎬🌿 Os #bolechas súmanse á prevención dos incendios forestais! 🔥 Os/as #AxentesAmbientais e o resto de medios do SPIF amosan o seu labor para protexer os nosos montes. 💚 Educar hoxe é coidar o monte do mañá! 🌲

Hoxe, 4 de outubro, é o Día Mundial dos Animais e da festividade de San Francisco de Asís, patrón dos Axentes Ambientais. O noso compromiso diario no monte é velar pola conservación da nosa fauna silvestre, protexer os seus hábitats e garantir a biodiversidade. 🐺🦌💚

Visita dos #axentesambientais da #UDEX ao @43grupo_ea en Lavacolla para compartir coñecementos e experiencias na extinción de incendios forestais e reforzar a coordinación entre profesionais ao servizo da protección do territorio. 🤝🔥 #43Grupo

O método das evidencias físicas permite reconstruír a propagación do incendio, localizar o punto de inicio e determinar a súa posible causa. 🔎👣 🧵2/2 #evidenciasfisicas #policiaxudicial