←
Asociación Española Contra o Cancro A Coruña7,792 posts
Asociación Española Contra o Cancro A Coruña avatar

Asociación Española Contra o Cancro A Coruña

@ContraCancerAC

Asociación Española Contra o Cancro - Xunta Provincial da Coruña. Comprometidos na loita contra o cancro e na mellora da vida de pacientes e familiares 💚

◷ Joined October 2018▧ 4,818 Photos and videos
Asociación Española Contra o Cancro A Coruña avatar
Asociación Española Contra o Cancro A Coruña@ContraCancerAC·8h

💚 Muxía volveu demostrar que a solidariedade se constrúe compartindo momentos e sumando esforzos! O pasado domingo, celebramos alí a nosa comida solidaria. Unha xornada moi especial na que máis de 300 persoas se reuniron para colaborar coa Asociación Española Contra o Cancro 🎗️

Post attachment
Asociación Española Contra o Cancro A Coruña avatar
Asociación Española Contra o Cancro A Coruña@ContraCancerAC·Nov 16

🔬 Abrimos as convocatorias de axudas Proxectos AECC 2027! Un ano máis, impulsamos a investigación en cancro. Abrimos as convocatorias de Proxectos Xerais AECC, Proxectos Estratéxicos AECC, LAB AECC, Estudos Clínicos AECC, Bioloxía e Medicina da Prevención AECC e Innova AECC.

Post attachment
Asociación Española Contra o Cancro A Coruña avatar
Asociación Española Contra o Cancro A Coruña@ContraCancerAC·Nov 15

Cando o cancro se atopa nunha fase avanzada, poden xurdir novas necesidades para a persoa e para quen a acompaña: organizar os coidados, adaptar o fogar ou realizar determinadas xestións. Coñecer as opcións dispoñibles e contar co apoio adecuado axuda a afrontar estes cambios.

1:24
Asociación Española Contra o Cancro A Coruña avatar
Asociación Española Contra o Cancro A Coruña@ContraCancerAC·Nov 13

No II Encontro dixital coñecerás investigadores e investigadoras que contan co apoio da Asociación Española Contra o Cancro e descubrirás os seus últimos avances e os retos aos que se enfrontan. ⏱️ Só necesitas 30 minutos e poderás seguilo en directo desde calquera lugar.

Asociación Española Contra o Cancro A Coruña avatar
Asociación Española Contra o Cancro A Coruña@ContraCancerAC·Nov 12

Cada participación costa 3 €, dos cales 50 céntimos irán destinados a impulsar a investigación oncolóxica e os servizos de apoio gratuítos a pacientes e familiares 🎗️ 👉 Se queres mercar a túa participación, podes preguntar aos nosos voluntarios e voluntarias ou nas nosas sedes