
María Barros contou que os seu deseño de moda se caracteriza por usar sempre tecidos naturais e de cores planas e aplicar o moulage, unha técnica de alta costura que lle da forma ao tecido sobre o manequín ou o corpo dunha persoa e que permite traballar especialmente os volumes.




















