←
Consellería do Mar3,161 posts
Consellería do Mar avatar

Consellería do Mar

@MarXunta

Conta oficial da Consellería do Mar da @Xunta de Galicia | Pesca, Acuicultura, Marisqueo, Portos e Innovación Tecnolóxica

◷ Joined October 2022▧ 2,421 Photos and videos
Marta Villaverde Acuña avatar
⟳ Consellería do Mar retweeted
Marta Villaverde Acuña@MartaVAgal·22h

Queremos que as boas intencións que traslada Bruxelas na súa Visión 2040 se traduzan nunha reforma real da PPC cunha folla de ruta concreta. É unha das peticións que lle trasladei hoxe ao ministro no Consello Consultivo e que quero defender o luns en Bruxelas en nome das CC.AA.

Post attachmentPost attachment
Consellería do Mar avatar
Consellería do Mar@MarXunta·3h

🌊 Non tires os líquidos das conservas, neles hai moito sabor a mar! 👆 Desliza para descubrir algunhas ideas para aproveitalos

Post attachmentPost attachmentPost attachmentPost attachment
Marta Villaverde Acuña avatar
⟳ Consellería do Mar retweeted
Marta Villaverde Acuña@MartaVAgal·5h

O peixe fresco e o marisco son claves para unha dieta equilibrada e saudable, por iso seguimos traballando para fomentar o seu consumo. No peche de 'Pesca Saúde', no que colaboran 7 GALP de Galicia, destaquei a importancia de alimentarse con estes produtos de proximidade

Post attachmentPost attachmentPost attachment
Marta Villaverde Acuña avatar
⟳ Consellería do Mar retweeted
Marta Villaverde Acuña@MartaVAgal·Nov 17

A frota de Barallobre conta xa cun novo dique flotante que dá abrigo á zona de amarre, tras os danos dos temporais do pasado inverno. Alí no porto, aproveitei para visitar tamén a peixería da confraría, que achega aos consumidores cada xornada as capturas do día

0:59
Marta Villaverde Acuña avatar
⟳ Consellería do Mar retweeted
Marta Villaverde Acuña@MartaVAgal·Nov 16

Reuninme con Acuiregal, primeira unidade mixta de investigación público-privada entre o CSIC e empresas, co apoio de GAIN, orientada a desenvolver a acuicultura rexenerativa en Galicia. Estudamos vías de colaboración dirixidas a recuperar especies de interese para as nosas rías

Post attachmentPost attachmentPost attachment
Consellería do Mar avatar
Consellería do Mar@MarXunta·Nov 16

🌊 Galicia é unha das potencias do mundo en acuicultura. En parte, grazas ao gran número de bateas de mexillón 👆 Estes son algúns datos que o demostran

Post attachmentPost attachment
0:09
0:09
Consellería do Mar avatar
Consellería do Mar@MarXunta·Nov 12

Galicia Sabe AMar e o Xuventude na Onda tamén! Como nos presta ver esas cariñas e xestos ao probar os distintos petiscos das nosas rías! 🤤

0:17
Marta Villaverde Acuña avatar
⟳ Consellería do Mar retweeted
Marta Villaverde Acuña@MartaVAgal·Nov 12

Que importante é que as nenas e nenos coñezan os produtos do noso mar xa desde pequenos! No CEIP A Lomba de Vilagarcía compartimos unha xornada de ‘Mexillón de Galicia nas aulas’ onde se explica o seu cultivo e propiedades nutricionais e acábano comendo no propio comedor escolar

Post attachmentPost attachmentPost attachmentPost attachment
Marta Villaverde Acuña avatar
⟳ Consellería do Mar retweeted
Marta Villaverde Acuña@MartaVAgal·Nov 11

A centola é un dos grandes tesouros do noso mar. Hoxe en Ribeira acompañei aos profesionais que fan posible que chegue ás nosas mesas. Unha actividade que forma parte da tradición mariñeira e da identidade de Galicia

1:06
Marta Villaverde Acuña avatar
⟳ Consellería do Mar retweeted
Marta Villaverde Acuña@MartaVAgal·Nov 11

Ángeles e David, deséxovos moitos éxitos nesta nova etapa profesional. Sei que asumides o reto garantindo traballo, esforzo e dedicación. Seguiremos xuntos ao servizo do mar de Galicia, velando pola sostibilidade da nosa pesca, marisqueo e acuicultura

Post attachmentPost attachmentPost attachmentPost attachment
Marta Villaverde Acuña avatar
⟳ Consellería do Mar retweeted
Marta Villaverde Acuña@MartaVAgal·Nov 9

Reuninme coa nova directora do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, Elsa Vázquez, para coñecer os seus proxectos e liñas de traballo Abordamos posibles vías de colaboración en investigación mariña e sustentabilidade dos recursos

Post attachmentPost attachment
Consellería do Mar avatar
Consellería do Mar@MarXunta·Nov 9

Comeza a campaña da centola e do boi, dúas especies de especial interese para a nosa frota artesanal A actividade desenvólvese baixo un plan de xestión que busca protexer os ciclos reprodutivos, favorecer a renovación dos recursos e garantir a sustentabilidade da súa explotación

Post attachment
Marta Villaverde Acuña avatar
⟳ Consellería do Mar retweeted
Marta Villaverde Acuña@MartaVAgal·Nov 8

Da promoción dos produtos galegos no Gastronòmic Fórum de Barcelona ás XXX Xornadas Técnicas de Celeiro ou á descarga de volandeira en Cambados. Unha semana de traballo para impulsar a nosa pesca, defender os seus intereses e seguir construíndo futuro para o mar de Galicia

0:51
Marta Villaverde Acuña avatar
⟳ Consellería do Mar retweeted
Marta Villaverde Acuña@MartaVAgal·Nov 5

Que boas sensacións atopei no inicio da campaña da volandeira en Cambados, onde os barcos chegan cos topes de captura e cun produto de excelente calidade. Un recurso singular do noso marisqueo, de gran valor para a conserva, a venda en fresco e a restauración

0:50
Marta Villaverde Acuña avatar
⟳ Consellería do Mar retweeted
Marta Villaverde Acuña@MartaVAgal·Nov 5

Hai citas que non poden faltar no calendario do sector pesqueiro e as Xornadas Técnicas de Celeiro son unha delas. Na XXX edición, que inaugurei hoxe, abórdanse asuntos tan importantes como os retos para a nosa frota, as restricións á pesca de fondo e o futuro da PPC

Post attachmentPost attachmentPost attachment
Marta Villaverde Acuña avatar
⟳ Consellería do Mar retweeted
Marta Villaverde Acuña@MartaVAgal·Nov 4

Defendín no Parlamento que se exclúa o atún en conserva das negociacións de libre comercio entre a UE e Tailandia. Esiximos cláusulas espello e igualdade de condicións para protexer o emprego de milleiros de familias na costa galega. O noso sector non pode ser moeda de cambio!

0:58