
🔹 A iniciativa, na que xa participaron 1.500 persoas de ata 39 nacionalidades, refórzase o vindeiro ano ao abeiro das preto de 700 medidas incluídas no Plan. 👉 lingua.gal/a-secretaria-xera…

Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia #lingua #galego

🔹 A iniciativa, na que xa participaron 1.500 persoas de ata 39 nacionalidades, refórzase o vindeiro ano ao abeiro das preto de 700 medidas incluídas no Plan. 👉 lingua.gal/a-secretaria-xera…

🔵 “Ao longo do próximo exercicio continuaremos realizando cursos co fin de incorporar a poboación inmigrante á lingua propia de Galicia e de garantirlles unha oferta formativa accesible, atractiva e gratuíta á vez que favorecemos a integración social”. Anunciouno o secretario xeral da Lingua, Valentín García, na entrega dos diplomas ás 25 persoas que participaron nos cursos impartidos en Cáritas en Santiago de Compostela no marco das primeiras medidas postas en marcha coa renovación do Plan xeral de normalización da lingua galega.

🔵 O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na rolda de prensa da XI edición da Gala da Música e da Poesía Galego-Portuguesas aRi[t]mar, que se celebrará o vindeiro domingo 22 de novembro ás 18:30 h no Auditorio de Galicia. 🎶📖🎵 ARi[t]mar é un proxecto impulsado desde a Escola Oficial de Idiomas de Santiago coa colaboración da Xunta de Galicia que recoñece e difunde algunhas das propostas máis destacadas da música e da poesía de Galicia e Portugal. A entrada á gala é libre e de balde ata completar a capacidade do espazo.

🎶✍🏻A gala de entrega de premios aRi[t]mar reunirá o domingo no Auditorio de Galicia artistas, poetas e público para celebrar a afinidade lingüística e artística que comparten Galicia e Portugal. @aritmar_gz_pt @PazodeRaxoi @SXPL @DACCultura @eoisantiago revistapincha.gal/galicia-e-…

📣👩🔬🧪🩺🔭🧬🔬 Este mércores ás 12:00 h , nova videoconferencia de dinamización científica en galego. 📲 Ana Barreiro Buján, “Un solo vivo, un planeta vivo: ameazas e desafíos para a súa conservación” ▶️ youtube.com/live/QUVxBKWjSTw

🔵 @valentin_garci sinalou a importancia “de termos presente a figura de #ramónpiñeiro, un home que non só se deixou modelar polo seu tempo, senón que co seu traballo continuado e desinteresado contribuíu a modelar a Galicia que lle tocou vivir e puxo os alicerces da actual”. 📘 Foi durante a presentación da obra ‘A batalla do futuro. Unha biografía de Ramón Piñeiro’, da investigadora Beatriz García Turnes, libro coeditado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e pola Editorial @EdGalaxia, a biografía máis actualizada de quen fora secretario político do Partido Galeguista, director literario de Galaxia, filósofo, presidente do Consello da Cultura Galega e “unha das personalidades máis relevantes da Galicia do século XX”. 👉 lingua.gal/a-secretaria-xera…

🐗 Cepillar os dentes ao ritmo de #maddieetriggs si que é molar 🦷 E podes ver a serie enteira en xabarin.gal 😉

Non digas *partiuse unha perna! Anota este truco para evitar estas construcións ⛔ #dígochoeu

💻 Pechas o ordenador, pero segues pensando no traballo?

🔵 O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu á presentación da edición facsímile dos manuscritos da obra de teatro ‘Os vellos non deben de namorarse’, escrita e ilustrada por Castelao. 📘 A edición é da Deputación de Pontevedra coa colaboración de Galaxia Editorial, no marco da celebración do Ano Castelao 2025 e a presentación acolleuna a Cátedra Castelao na Aula académica da Facultade de Filoloxía da USC.

🔵 Valentín García destacou "a capacidade da creatividade audiovisual como ferramenta para achegarlle a lingua galega á mocidade". 🎥🎞️📽️ 🔹 Foi durante a Gala de entrega de premios do XVII Certame de Cinema Internacional Escolar OUFF Escola. O secretario xeral de Lingua recordou que se trata dun dos sectores estratéxicos do novo Plan xeral de Normalización da Lingua Galega “con case 700 medidas nacidas dun amplo consenso co fin de fomentar e prestixiar o uso do idioma en toda a sociedade”. 📘 👉 lingua.gal/a-secretaria-xera…

🌰 O cheiro das castañas asadas anuncia un dos momentos máis especiais do outono.

Alicia Fernández Rodríguez le aquí varios poemas seus, no marco da actividade A literatura galega nas súas voces: aelg.gal/actividades/outras-… @SXPL

📣 XXII Xornada de Normalización Lingüística organizada por Ferega en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua e co patrocinio de Rodeira. 🗓️ Venres 20 de novembro, de 10 a 14:15 horas no salón de actos do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela. 👉 lingua.gal/a-secretaria-xera…


🐗 Esta semana sae o #gtavi? Pois hai que facer os deberes igual, que non che pase como ao de #screamstreet 😅 E despois de estudar, sempre podes ver graficazos en xabarin.gal 👾