←
Manuel Gago38,190 posts
Manuel Gago avatar

Manuel Gago

@magago

Director de @culturagalega, profesor na @UniversidadeUSC, escritor e comisario de exposicións. Barbancés Ͻ Pobra do Caramiñal.

◷ Joined February 2008▧ 8,260 Photos and videos
Manuel Gago avatar
Manuel Gago@magago·9 Feb 2025

E non me digades que aprendíchedes así e eran outros tempos. Seguro que neses tempos tamén se puñan exemplos chuscos con mulleres, discapacitados e marroquíes e ben que xa non os poñedes.

Manuel Gago avatar
Manuel Gago@magago·9 Feb 2025

Os profesores que tedes un 90% de alumnos que se dirixen a vós en galego, dades a teoría en castelán e cambiades ao galego para poñer exemplos con frases chuscas de paisanos, de que clase de caverna mordoriana saídes?

Manuel Gago avatar
Manuel Gago@magago·8 Feb 2025

Pois o meu irmán hoxe coñeceu un paisano na Antártida que lle preguntou por Churrasco, o porco de máis sona de Carnota. 🤷🏻‍♂️

Como vos gustou esta historia, aquí están as prantiñas que investiga meu irmán e o lugar ao que ten que ir buscalas.

Post attachmentPost attachment
Manuel Gago avatar
Manuel Gago@magago·6 Feb 2025

Vouno dicir claro: esta é unha expo na que entras, empezas a mirar e dis "pero isto de que vai?". Cando rematas descubres que todo cobrou sentido na túa cabeza, pero é posible que non sexa o mesmo sentido que compuxo o teu acompañante. Poucas expos conseguen isto. Está moi ben.

Manuel Gago avatar
Manuel Gago@magago·6 Feb 2025

'Ollos de vidro' é 1 expo desafiante que aborda o imaxinario artístico das esquerdas do país desde unha idea circular do tempo, coma nun conto tradicional narrado nun 'presente eterno'. Falei co seu comisario, Germán Labrador, para saber das claves. culturagalega.gal/noticia.ph…

Manuel Gago avatar
Manuel Gago@magago·6 Feb 2025

Eu defendo a liberdade da ficción histórica. Por min coma se o pai de Hildegart é un marciano que fala klingon, pero é que cando falan de Galicia sempre é con este esquema e xa farta.